No contexto educativo actual, considérase a orientación como inherente á propia educación, pois trata de contribuír á formación integral do alumnado, coa finalidade de capacitalo para unha aprendizaxe autónoma e unha participación activa, crítica e transformadora da sociedade ao longo de toda a súa vida, e á implicación e ao asesoramento dos pais e do resto dos axentes da comunidade educativa.


A LOE no seu I CAPÍTULO O proxecto educativo incluirá o Plan de Orientación e Acción Titorial, entre as competencias do Departamento de Orientación establece: Colaborar co equipo directivo na elaboración do plan de orientación e acción titorial e no plan de convivencia para a súa inclusión no proxecto educativo e contribuír ao desenvolvemento e á aplicación dos mesmos, planificando e propoñendo actuacións dirixidas a facer efectiva a prevención da violencia, a mellora da convivencia escolar, a mediación e a resolución pacífica dos conflictos.
O profesorado responsable da orientación, entre as súas funcións terá a de: Colaborar no desenvolvemento do plan de orientación e acción titorial, asesorando nas súas funcións ao profesorado que teña asignadas as titorías, facilitándolles os recursos didácticos ou educativos necesarios e intervindo directamente co alumnado, xa sexa en grupos ou de forma individual, todo iso dacordo co que se recolla no dito plan.
En espera de que se publique normativa que desenvolva os diferentes aspectos deste decreto, e quedando derogada a orde que regulaba aspectos concretos deste plan, seguiremos funcionando provisionalmente co Plan de Orientación e Acción Titorial xa deseñado.