Benvidos ao espazo "Wiki" do Departamento de Orientación. Dende aquí queremos compartir toda a información que poida ser útil para os alumnos e alumnas, nais e pais, profesoras e profesores.

Este espazo será máis dinámico, cambiante, rápidamente información interesante e incluso pódese confeccionar de forma colaborativa aportando entre todos e todas documentos, estudos, información de primeira man, lexislación. Quere ser un lugar de encontro, onde o alumnado poida, ademais, plantexar dúbidas sobre aspectos académicos e vocacionais, pódevos axudar na vosa elección de itinerarios educativos, e informarvos sobre aspectos de interese relacionados coa titoría.

Insisto no carácter colaborativo, isto o facemos entre todos, ese é o enfoque que teñen os espazos wiki, construídos entre todos dunha maneira sinxela e rápida.

No marxe esquerdo tendes o menú, a partir do que podes navegar polas diferentes páxinas.

O Departamento ten outros dous espazos Web " O blog de orientación do CPI de Panxón"de información que tamén os pode ser moi útil xa que nel se recollen moitos recursos, materiais, enlaces sempre actualizados...e un Scoop.it co que pretendemos compartir contidos da Web como se fora unha bitácora persoal composta por material para que poidades consultalo nun futuro.

Cabecera_para_Mª_Pastora.jpg

NOVIDADESRESUMEN LOMCE external image aM7IMgSAPJAuOSbEg4wLujl72eJkfbmt4t8yenImKBV9ip2J1EIeUzA9paTSgKmv





AGASALLO

Deixovos unha película que reflexiona sobre a EDUCACIÓN, así en maiúsculas. Tratase dun documental de dúas horas largas de duración pero que está feito cunha grande calidade técnica e moito ritmo narrativo. Son testimonios de teóricos da educación, alumnnos, pais e profesores que compoñen un mosaico de ideas de gran forza e non forzosamente coincidintes. Se algo teñen en común é a reflexión sobre a crise da educación, sobre que esta é culpa do sistema e sobre que algo hai que cambiar. Partindo duna base cercana ás pedagoxías progresistas, activas, críticas, da liberación articulanse estas aportacións en torno a aspectos educativos como as metodoloxías, os verdadeiros obxectivos do sistema, a convivencia, a avaliación, os contidos culturais máis relevantes e todas esas materias que preocupannos aos que sentimos a educación como algo máis que unha mera transmisión de coñecementos.





















VISITAS DENDE O 23 DE ABRIL DE 2012


Licencia de Creative Commons
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

NOTA

A MAIORÍA DAS IMÁXENES DESTE BLOG, FORON TOMADAS DE GOOGLE. SE HOUBERA ALGUNHA OBXECIÓN RESPECTO Á INCLUSIÓN DE CALQUERA DE ELAS, RETIRARÁSE NO MOMENTO NO QUE SE TEÑA COÑECEMENTO.